Autor: avbeade

Os nosos atletas se achegaron o pasado domingo 23 de xuño ata as pistas Gregoria Pérez Rivera de Lugo para participar no Campionato Xunta de Galicia Sub 14, destacando os seguintes resultados: Lucas Costas – Subcampión galego dos 1000ml con MMP (2:57,87) Rubén Vázquez – Subcampión galego dos 500ml con MMP (1:16,26) Lucas Costas – Bronce en lanzamento de disco con 25.47 Mateo Domínguez – 4º nos 220mv con MMP (37,35) e 6º nos 1000 obs Olivia Smyth – 1ª na Final B dos 1000ml con MMP (3:32,21) e 10ª no triple salto Lara Pérez – 2ª na Final B…

Read More

A Sala de exposicións do C.S.C.R. de Beade acolle “CASA”, de Laura Cid Rascado. TEMA DA EXPOSICIÓN «CASA» quere achegar ao espectador ao mundo que rodea á artista tanto lugares como persoas. Estas, se representan mediante animais xa que Laura, asocia unha persoa cun animal, con características e aspectos parecidos, para así capturar a súa esencia o mellor posible. A exposición mostra unha serie de ilustracións, de acuarela e lápis de cores, onde plasma o seu sentimento de fogar. BIOGRAFÍA Laura Cid Rascado graduada na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo en 2022 e co Grado…

Read More

Volven as tradicións e iso implica que este ano viviremos todos xuntos a noite máxica do ano. A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade e a Irmandade de Festas de Santa Ana unen forzas para realizar conxuntamente a «Noite de San Xoán», unha festividade a celebrar o sábado 22 de xuño onde haberá ración de sardiñas de balde para os/as socios/as. Tamén teremos música da man de grupos folclóricos. Agardamos a vosa asistencia!

Read More

Unha sección do Grupo de baile moderno do C.S.C.R. de Beade visitará o domingo 16 de xuño a Porta do Sol para participar en “Vigo bailando” da man de Vigo por la danza. Dando comezo ás 18:15 h., o espazo contará con cadeiras limitadas, tendo preferencia aquelas persoas con mobilidade reducida e mulleres embarazadas. Este acto forma parte da programación da terceira edición de TAC! Festival de Arquitectura Urbana, organizado polo Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana en colaboración co Concello de Vigo, a Fundación Arquia e co apoio do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Read More

Os nosos atletas Lucas Costas e Rubén Vázquez competiron durante a fin de semana do 8 e 9 de xuño no Campionato de España Sub 14 Individual celebrado no Estadio de Atletismo Vallehermoso (Madrid). Os rapaces foron quen de realizar unha moi boa actuación. Ambos tiñan que facer un tríatlon (3 probas) e na meirande parte delas obtiveron marca persoal que lles servíu para acadar unha meritoria clasificación. A continuación se detallan os resultados de ambos: Lucas Costas: 10.73 nos 80 ml 33.59 no disco 9.87 no peso Rubén Vázquez: 4.91 na lonxitude 1.41 na altura 13.96 nos 80 m…

Read More

Os nosos atletas se achegaron o sábado 8 de xuño ata as pistas UDC de Elviña para participar no Campionato Xunta de Galicia Sub 10 e Sub 12 – 2024, destacando os seguintes resultados: [SUB12] Ángel Rodríguez – Campión Galego nos 2000ml con MMP (6:58,74) [SUB12] Candela Alonso – Campioa Galega de altura [SUB10] María Costas – Campioa Galega na pelota con MMP (25,94) [SUB10] Cíes Rial – Subcampioa Galega nos 1000ml con MMP (3:45,08) [SUB10] Clara Lago –  Subcampioa Galega na altura con MMP (1.05) [SUB12] Deva Pallás – Bronce nos 2000 marcha con MMP (11:04,71) [SUB10] Cíes Rial -…

Read More

Os nosos atletas se achegaron durante a tarde do pasado sábado 1 de xuño ata Lourenzá (Lugo) para participar no XV Campionato Xunta de Galicia de Milla en Ruta e Cto. Xunta de Galicia de 1Km 2024, acadando os seguintes resultados: Ángel Rodríguez – Campión Galego en Sub 12 M Candela Alonso – 5ª en Sub 12 F Icía Ameneiro – 9ª en Sub 14 F Camino Gil – 10ª en Sub 14 F Parabéns a todas/os!

Read More

Os nosos atletas se achegaron durante a tarde do sábado 25 de maio ata a Pista de Atletismo de Balaídos para participar no Provincial Xogade Sub 14, acadando os seguintes resultados: 1º Gael Garrido – 2.000 marcha 2º Rubén Vázquez – Salto de altura 3º Rubén Vázquez – 1.000 m.l. 5º Martín González – Salto de altura 5º Camino Gil – Salto de altura 6º Mateo Domínguez – Salto de lonxitude 7ª Lara Pérez – Salto de altura Parabéns a todas/os!

Read More