Subscribe to Updates
Get the latest creative news from FooBar about art, design and business.
Autor: avbeade
Os nosos atletas se achegaron durante a mañá do sábado 25 de maio ata a Pista de Atletismo de Balaídos para participar no Provincial Xogade Sub 10 e Sub 12, acadando os seguintes resultados: [SUB12] 1º Ángel Rodríguez – 500 m.l. [SUB12] 1º Ángel Rodríguez – Salto de lonxitude [SUB12] 1ª Candela Alonso – Salto de altura [SUB12] 1ª Deva Pallás – 1.000 marcha [SUB10] 1ª María Costas – Lanzamento da Pelota [SUB12] 2ª Candela Alonso – 500 m.l. [SUB12] 2ª Laia Gesto – 1.000 marcha [SUB12] 2ºs Relevo Mixto Alevín (Ángel Rodríguez, Fernanda Mateo, Candela Alonso e Lena Riera) [SUB10] 2ª Clara Lago…
Se estás interesada/o en traballar na A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, abrimos prazo de recepción de CV dende hoxe ata o 4 de xuño de 2024 para as seguintes vacantes: 2 Monitores /as de tempo libre 1 Técnico de redes Enderezo electrónico para recibir CV: info@av-beade.org
Con motivo da nova edición da Carreira da Cereixa informamos que o domingo 26 de maio haberá cortes de tráfico desde as 9:00 h ás 14:00 h polas estradas e camiños que se indican no plano. Agradecemos de antemán a colaboración da cidadanía.
O Grupo de Cordas Clásicas do C.S.C.R. de Beade visitou o sábado 18 de maio o C.R.A.C. de Coruxo para festexar o Día das Letras Galegas. Nel estiveron acompañados do Grupo Cordas Novas do C.R.A.C. de Coruxo, Grupo de Cordas O Torreiro de Priegue e Coruxo Dance. Dende a A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade queremos agradecer ao C.R.A.C. de Coruxo a convidación ao acto.
Derradeiras horas para inscribirse na “XI Carreira da Cereixa”. A data límite para poder participar é o mércores 22 de maio ás 23:59 h. Inscricións en MagmaSportsTiming: Recollida de dorsais: Decathlon Vigo do Parque Comercial do Meixueiro: Venres 24 de maio en horario de 17:00 h a 20:00 h / sábado 25 de maio en horario de 11:00 h a 13:00 h e de 17:00 h a 20:00 h Instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade: Domingo 26 de maio
Estimados compañeiros e compañeiras; Dirixímonos para solicitarvos a participación como voluntarios na “XI Carreira da Cereixa” que se levará a cabo o próximo día 26 de maio. Esta proba é un evento importante para a nosa comunidade e require de colaboración de moitas persoas para que sexa un éxito. Nas actividades que poderás realizar como voluntario serán a distribución de materiais de avellentamento, atención aos participantes, corte de tráfico, apoio loxístico entre outras. Agradecemos de antemán o interese en colaborar con nós e agardamos contar coa túa presenza e apoio. Atentamente: A Xunta directiva da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade
Finalizamos o repaso da xornada deportiva que tiveron as nosas atletas durante o 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, no Estadio Municipal de Calabagueiros (O Barco de Valdeorras) coa proclamación como campioas das benxamíns femininas do C.S.C.R. de Beade no Campionato Xunta de Galicia de Clubs Sub 10 tras unha tarde acompañada de choiva e sol. Os resultados foron os seguintes: Clara Lago: 1ª na altura Cíes Rial: 1ª na lonxitude Emma Pérez: 2ª na pelota Relevo (Jana Rodríguez, Cíes Rial, María Costas e Clara Lago): 3ªs nos 4×50 Inés González: 4ª nos 50ml María Costas: 4ª no…
Continuando co repaso da xornada deportiva que tiveron as nosas atletas durante o 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, no Estadio Municipal de Calabagueiros (O Barco de Valdeorras) as alevíns femininas do C.S.C.R. de Beade acadaron a posición de bronce no Campionato Xunta de Galicia de Clubs Sub 12 tras unha mañá moi disputada. Os resultados foron os seguintes: Candela Alonso: 1ª na altura Lena Riera: 2ª nos 1000ml Fernanda Mateo: 3ª nos 500ml Laia Gesto: 3ª nos 2000 marcha Relevo (Valeria Sende, Candela Alonso, Fernanda Mateo e Lena Riera): 4ªs no 4×60 Ariadna Ubeira: 6ª no peso…
O 17 de maio foi unha xornada deportiva intensa para os nosos atletas, que, coincidindo co Día das Letras Galegas, se desprazaron ata o Estadio Municipal de Calabagueiros (O Barco de Valdeorras). Comezamos cos alevíns masculinos do C.S.C.R. de Beade, que acadaron a 9ª posición no Campionato Xunta de Galicia de Clubs Sub 12. Os resultados foron os seguintes: Ángel Rodríguez: 1º en 1000ml Relevo (Yoel Serantes, Adrián Fuentes, Ángel Rodríguez e Antón Fuentes): 5ºs no 4×60 Antón Fuentes: 6º na altura Adrián Fuentes: 7º nos 60ml Adrián Currás: 7º no peso Mateo Laíño: 8º na lonxitude Darío Fernández: 11º na…
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade celebrou o 17 de maio no seu auditorio o “18º Festival do Día das Letras Galegas 2024”, evento enmarcado dentro do programa «Vigo, un mar de corais». Nun acto emotivo, coa figura de Luísa Villalta moi presente en cada presentación, durante máis de dúas horas sucedéronse os concertos da Masa Coral do C.S.C.R. de Beade, Coral Polifónica Voces do Torreiro de Coia, Coral Polifónica da A.V.C.R. San Mamede de Zamáns, Coral Polifónica Ars Vocalis do C.C.A.R. Rueiro de Coia, Coral Polifónica María Auxiliadora e Coral Polifónica O Coto do Carballal. Reportaxe fotográfica por Julher Lemreh: https://www.facebook.com/share/p/w81kM4ExLNd3xVb5/?mibextid=WC7FNe
