Subscribe to Updates
Get the latest creative news from FooBar about art, design and business.
Autor: avbeade
O Grupo de Cordas Clásicas do C.S.C.R. de Beade visita o sábado 18 de maio o C.R.A.C. de Coruxo para festexar o Día das Letras Galegas. O acto, adicado a Luísa Villalta, ofrecerá a partir das 20:00 h os concertos do Grupo de Cordas Clásicas do C.S.C.R. de Beade, Grupo Cordas Novas do C.R.A.C. de Coruxo e Grupo de Cordas O Torreiro de Priegue. Ademais, as rapazas e rapaces de Coruxo Dance formarán parte do cartaz.
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade presenta o campamento de verán do ano 2024! As nenas e nenos vivirán con Pico e Cuda múltiples aventuras. DATOS DE INTERESE Apertura de inscricións: martes 4 de xuño Comezo do campamento: luns 24 de xuño Aula matinal: 8:30H a 14:30H Horario: 9:30H a 13:30H Idades: de 3 a 12 anos Máis información na secretaría da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade.
Durante a segunda fin de semana de maio os nosos atletas competiron facendo equipo co AVA no Campionato Xunta de Galicia de Clubs Sub 16 e no Campionato Xunta de Galicia de Clubs Sub 20, probas nas que tiveron unha boa actuación. O sábado 11 de maio disputouse o Campionato de Clubs Sub16 nas pistas da UDC da Coruña. O domingo 12 de maio foi a quenda do Campionato autonómico de clubs Sub20 nas pistas do Gregorio Pérez Rivera de Lugo. Destaca outra mínima acadada en 1500 obstáculos polo noso atleta Xoel Franco. Noraboa a todas/os!
Os nosos atletas participaron o pasado domingo 12 de maio no XLIII Cros Escolar do CEIP Mosteiro – Bembrive, acadando uns magníficos resultados entre os que están: Uxía López – 1ª Cadete Feminina Icía Ameneiro – 1ª Infantil Feminina Lucas Costas – 1º Infantil Masculino Lena Riera – 1ª Alevín Feminina Ángel Rodríguez – 1º Alevín Masculino Cíes Rial- 1ª Benjamín Feminina Mauro García – 1º Prebenxamín Masculino Lorena Iglesias – 1ª Carreira de Nais Aicha Vila – 2ª Infantil Feminina Candela Alonso – 2ª Alevín Feminina David Costas – 2º Benxamín Masculino Marcos Fernández – 2º Carreira de Pais…
A reportaxe fotográfica do desfile de moda «Beade en pasarela» xa está dispoñible na conta de Facebook oficial da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade. A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade quere agradecer a participación das tendas Anca, Bici o Con, Bombom, Bonita de Vestir, Boxer, El Escondite, Happy Kids, Las Cosas de Noe Shop, Mapa, Titiero e Urban 10, así como a colaboración especial de Floristería Trudel Waidele, Peluquería Glob, Peluquería Monsoliño, Motopasión e Pizzería El Ventanal. Finalmente, agradecer aos 85 modelos que nos acompañaron e a Naty, que nos agasallou cunha actuación musical moi emotiva. Este evento foi a…
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade prepárase para festexar o 17 de maio ás 19:00 h o “18º Festival do Día das Letras Galegas 2024”, evento enmarcado dentro do programa «Vigo, un mar de corais». O acto, que estará adicado a Luísa Villalta, ofrecerá os concertos da Masa Coral do C.S.C.R. de Beade, Coral Polifónica Voces do Torreiro de Coia, Coral Polifónica da A.V.C.R. San Mamede de Zamáns, Coral Polifónica Ars Vocalis do C.C.A.R. Rueiro de Coia, Coral Polifónica María Auxiliadora e Coral Polifónica O Coto do Carballal.
A mañá do domingo 12 de maio estivo protagonizada pola cesión do San Isidro Labrador á parroquia de Castrelos. A xornada de confraternidade levou a música do Grupo de gaitas “Arume” e Grupo de pandereteiras “A volta do Demo”. Dende a A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade queremos agradecer a colaboración da veciñanza.
A Banda de cornetas, gaitas e tambores “Ría de Vigo” participou o sábado 11 de maio na representación da “Festa da Brincadeira”, en Bouzas. Foi unha magnífica experiencia retroceder no tempo para contar a historia.
O 26 de maio de 2024 terá lugar unha nova edición da “Carreira da Cereixa”. Este ano volve a súa data tradicional estando acompañada da nosa froita favorita. Na imaxe do artigo está o percorrido para convidarvos a disputar a carreira máis doce do Run Run Vigo. Inscricións en Magmasports: https://magmasports.es/es/eventos/xi-carreira-da-cereixa
Os nosos atletas participaron domingo 28 de abril no I Cros Escolar do CEIP Chans, acadando uns magníficos resultados entre os que están: Icía Ameneiro – 1ª Infantil Feminina Rubén Vázquez – 1º Infantil Masculino Lena Riera – 1ª Alevín Feminina Ángel Rodríguez – 1º Alevín Masculino Cíes Rial- 1ª Benxamín Feminina Lucas Costas – 2º Infantil Masculino Candela Alonso – 2ª Alevín Feminina María Costas – 2ª Benjamín Feminina Camino Gil – 3ª Infantil Feminina Mateo Domínguez – 3º Infantil Masculino Fernanda Mateo – 3ª Alevín Feminina Antón Fuentes – 3º Alevín Masculino Noraboa a todas/os!
