Autor: avbeade

A Concellería de Política de Benestar Social do Concello de Vigo, dentro do «Programa de Avellentamento Activo – Vigo, cidade amiga dos maiores», pon en marcha o servizo de rutas marítimas guiadas gratuítas pola Ría de Vigo, que ten por finalidade incrementar a oferta existente de alternativas de lecer e tempo libre para as persoas maiores que favorezan aínda máis a súa socialización e, ó mesmo tempo, o coñecemento da nosa contorna mediante a realización de rutas en barco pola Ría de Vigo, contribuíndo a favorecer a vida saudable, a prevención da dependencia e reducir a soidade non desexada. Información da…

Read More

Os nosos atletas participaron o pasado domingo 21 de abril no I Cros Escolar do CEIP Carrasqueira, acadando uns magníficos resultados entre os que destacan: Rubén Vázquez – 1º Infantil Masculino Icía Ameneiro – 1ª Infantil Femenina Ángel Rodríguez – 1º Alevín Masculino Lena Riera – 1ª Alevín Femenina Cíes Rial- 1ª Benxamín Femenina Mauro García – 1º Prebenxamín Masculino Lucas Costas – 2º Infantil Masculino Antón Fuentes – 2º Alevín Masculino Deva Pallás – 2ª Alevín Femenina María Costas – 2ª Benxamín Femenina Nico Vázquez – 3º Infantil Masculino Camino Gil – 3ª Infantil Femenina Fernanda Mateo – 3ª…

Read More

A Masa Coral do C.S.C.R. de Beade ven de participar no “18 Festival de Habaneras e Polifonía” que tivo lugar o domingo 21 de abril no Teatro Afundación de Vigo. A formación compartiu escenario coa Coral Polifónica Riomao do Calvario, Coral Polifónica Hospital de Lugo, Rondalla de Cariño, Coral Polifónica Cantos de Liberdade e Coral Polifónica de Teis. O seguinte concerto que ofrecerá a Masa Coral do C.S.C.R. de Beade será o 17 de maio co galo do 18º Festival das Letras Galegas 2024. Fotografía: Julher Lemreh

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade inaugurou o sábado 20 de abril a temporada de teatro recibindo a Fauna 113, unha compañía amateur nada na escola de Ártika que puso en escea a súa nova comedia titulada “Os veciños do lado”. Protagonizada por María, Pedro, Rosa e Ignacio, a historia hilarante e fresca buscou darlle unha volta de parafuso ao xénero co seu selo propio.

Read More

A Masa Coral do C.S.C.R. de Beade participará o domingo 21 de abril no “18 Festival de Habaneras e Polifonía”. A formación compartirá cartaz coa Coral Polifónica Riomao do Calvario, Coral Polifónica Hospital de Lugo, Rondalla de Cariño, Coral Polifónica Cantos de Liberdade e Coral Polifónica de Teis. O concerto, enmarcado dentro do programa “Vigo, un mar de corais”, dará comezo ás 18:00 h no Teatro Afundación de Vigo.

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade recibe o sábado 20 de abril a Fauna 113 para representar a súa nova comedia titulada “Os veciños do lado”, unha historia hilarante e fresca coa que busca darlle unha volta de parafuso ao xénero co seu selo propio. Sinopse: María e Pedro son unha parella convencional que recibe a visita dos seus novos veciños: Rosa e Ignacio. O que en principio parece unha cena de cortesía entre descoñecidos deparará un encontro disparatado de dobres intencións e segredos inconfesables, ou é que acaso non todos temos algo que ocultar? Datos de interese: Hora: sábado 20…

Read More

A Asociación Xuvenil de Beade busca participantes para o seu novo evento que contará coa colaboración da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade. “Beade en pasarela” é o nome escollido para o desfile que non busca prototipos, quere modelos reais e de todas as idades. Se queres vivir unha experiencia diferente, este é o teu lugar, anímate e inscríbete na secretaría do C.S.C.R. de Beade ou chamando ao 986210967. Tes de prazo ata o 26 de abril para ser modelo por un día e desfilar pola pasarela o sábado 4 de maio.

Read More

Queda aberto o prazo de inscricións para participar na «XI Carreira da Cereixa». A proba, integrada dentro do circuíto de carreiras populares «RunRunVigo» do Concello de Vigo, disputarase o 26 de maio, volvendo así a súa data habitual. As e os corredores descubrirán a parroquia de Beade coas cerdeiras cheas de cereixas. Inscricións a través de Magma Sports: https://magmasports.es/es/eventos/xi-carreira-da-cereixa

Read More

As e os atletas do C.S.C.R. de Beade participaron o domingo 7 de abril no XLVI Cros Escolar Colexio Coutada Beade, acadando uns magníficos resultados: Daniel Ameneiro – 1º Xuvenil Masc Julia Cotovad – 1ª Xuvenil Fem Xoel Franco – 1º Cadete Masc Lucas Costas – 1º Infantil Masc Aicha Vila – 1ª Infantil Fem Ángel Rodríguez – 1º Alevín Masc Candela Alonso – 1ª Alevín Fem Cíes Rial – 1ª Benxamín Fem Alejandro Mera – 2º Xuvenil Masc Josep Bastos – 2º Infantil Masc Irene Burgos – 2ª Infantil Fem Fernanda Mateo – 2ª Alevín Fem María Costas -…

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade dá a coñecer o veredicto do xurado do concurso de carteis da “XXXVII Feira – Festa da Cereixa”. Un total de 6 obras foron as escollidas para levar os premios das categorías anunciador e artístico. Os visitantes todavía teñen a oportunidade de outorgar tres mencións especiais do público a aqueles carteis que máis lle impresionen visual, artística e tecnicamente. Estas mencións non se descubrirán ata días previos á celebración da festividade, momento no que se realice o reconto dos votos depositados no “buzón da cereixa”. 

Read More