Subscribe to Updates
Get the latest creative news from FooBar about art, design and business.
Autor: avbeade
O noso atleta Xoel Franco, medalla de bronce no pasado Campionato de España Sub-16 en Pista Cuberta, ven de acadar a marca mínima exisida para participar no Campionato de España Individual en Pista Aire Libre 2024 Sub-16 que se celebrará o próximo mes de xullo en Lleida.
A “Feira – Festa da Cereixa” conmemora a súa XXXVII edición o 1 e 2 de xuño do 2024. O evento, que botou a andar por primeira vez no ano 1986 na parroquia viguesa, dará comezo o sábado 1 de xuño ás 18:00 h coa celebración da tradicional “misa cantada pola Masa Coral do C.S.C.R. de Beade”. Seguidamente, nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade terá lugar ás 19:00 h o “Festival de baile moderno”, acto que contará coa participación do Grupo de baile moderno do C.S.C.R. de Beade, Grupo de sevillanas do C.S.C.R. de Beade, Centro de danza…
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade vai colaborar durante a semana do 6 de maio coa Asociación Española Contra o Cancro na súa tradicional Cuestación. Todas aquelas veciñas e veciños de Beade que o desexen poderán achegarse ata as instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade para realizar unha aportación, dado que co seu apoio farán que se consiga, entre outros, seguir financiando os servizos de balde para pacientes e familiares aos que ofrecer e impulsar a investigación oncolóxica para superar o 70% de supervivencia no cancro en 2030.
Tras un ano na nosa parroquia, o domingo 12 de maio vaise ceder o San Isidro Labrador a Castrelos. Aquí vos deixamos cuns datos de interese: 11:00 H. – Misa na igrexa de San Estevo de Beade. Tralo remate se procederá á saída para a Igrexa de Santa María de Castrelos, tendo acompañemento musical a cargo do Grupo de gaitas “Arume” e Grupo de pandereteiras “A volta do Demo”. 12:15H. – Recibirase a San Isidro na Rúa Porto Loureiro, fronte ao Kiosco Castrelos, acompañado da Charanga Noroeste. A continuación partirase en dirección á Igrexa de Santa María de Castrelos. 13:00…
O sábado 11 de maio imos viaxar no tempo para participar nunha nova edición da “Festa da Brincadeira”, en Bouzas. Para elo, a Banda de cornetas, gaitas e tambores “Ría de Vigo” estará na representación que terá lugar ás 18:30H.
Cada 29 de abril se celebra o Día Internacional da Danza tras ser establecido no ano 1982 polo Comité Internacional da Danza do Instituto Internacional do Teatro (ITI). Esta data conmemora o nacemento, en 1727, de Jean-Georges Noverre, bailarín e mestre considerado como creador do ballet moderno. A Mensaxe do Día Internacional da Danza 2024 leva a sinatura da bailarina arxentina Marianela Núñez. Imaxes correspondentes aos nosos representantes do Grupo de baile moderno do C.S.C.R. de Beade no “Día da danza” celebrado onte no Pavillón Oscar Pereiro.
O Grupo de baile moderno do C.S.C.R. de Beade participará o domingo 28 de abril no “Día da danza” que organiza o Centro de danza Flashdance. No evento tamén estarán as compañeiras e compañeiros de LDANZA, Metamorfosis Grupo de baile moderno, Pasos-Bailegalicia, Grupo de baile moderno Helios de Bembrive e DanzArte Escuela de baile. A quenda do grupo do C.S.C.R. será a partir das 16:30 h no Pavillón Oscar Pereiro (Mos).
A Asociación Xuvenil de Beade organiza, en colaboración da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, “Beade en pasarela”, un desfile de moda que busca recuperar as raíces dos eventos celebrados a finais dos anos 1990 e comezos dos 2000 na parroquia viguesa. A cita, que se celebrará o vindeiro sábado 4 de maio de 2024, ás 19:00 h no auditorio do C.S.C.R. de Beade, contará coa participación dun total de 85 modelos de tódalas idades, comprendidas entre os 2 meses e os 87 anos. O público observará de primeira man as tendencias levadas por ata once tendas, variadas en canto a…
A programación cultural da “Cereixa en flor” do mes de maio trae consigo as últimas tendencias da moda e a celebración do Día das Letras Galegas. O sábado 4 de maio ás 19:00 h, a Asociación Xuvenil de Beade organiza, en colaboración da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, “Beade en pasarela”, un desfile de moda que busca recuperar as raíces dos eventos celebrados a finais dos anos 1990 e comezos dos 2000 na nosa parroquia. 85 modelos de idades comprendidas entre os 2 meses e os 87 anos percorrerán a pasarela para 11 casas comerciais. O acto contará con colaboracións…
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade abre o prazo de inscricións para anotarse ás viaxes das Illas Cíes e da Illa de Ons. Todas aquelas persoas interesadas en coñecelas deberán anotarse na secretaría da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade. Notas importantes: Saídas desde Vigo. – Cíes mulleres: xoves 27 de xuño – Cíes familiar: domingo 14 de xullo – Ons: domingo 11 de agosto Imprescindible nome completo, data de nacemento, DNI e pago á hora de realizar a inscrición.
