Autor: avbeade

O sábado 8 de novembro imos celebrar o “Magosto” nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade. A festividade, que dará comezo ás 19H., contará coas tradicionais castañas, sendo de balde e ata fin de existencias. En canto á música, programada a partir das 19:30H., virá da man do Grupo de gaitas “Arume” e do Grupo de pandereteiras “A volta do Demo”. Vémonos todas e todos!

Read More

O mércores 29 de outubro imos coñecer de preto o Parlamento de Galicia. Todas aquelas persoas interesadas en asistir poden anotarse na oficina da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, tendo como data límite o luns 27 de outubro. Nota: soamente se aboa o prezo do xantar, o autobús e desprazamento é de balde. Máis información na oficina da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade PRAZAS MOI LIMITADAS

Read More

O Grupo de teatro Tarantela vai representar esta fin de semana “Alvariño Concueiro”. Estando enmarcada dentro do programa cultural “Certame de teatro 2025”, da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, os espectadores serán quen de ver as historias dun grupo de pacientes que forman cola na sala de espera dun hospital. Non faltedes á cita, vémonos todas e todos o sábado 25 de outubro ás 19:00H. no Auditorio da AA.VV. Santa Mariña de Cabral.

Read More

Xoel Franco ven de participar no 71 Cross Internacional Zornotza celebrado o 19 de outubro en Amorebieta-Etxano (Biscaia). O xoven atleta do C.S.C.R. de Beade acadou a 1ª posición na proba dos Sub16, sendo quen de parar o crono en 08:18 tras percorrer 2.700 m. Moitos parabéns polo resultado acadado! Agradecemento fotografía: Raquel G.

Read More

Xa temos dispoñible a Lotaría de Nadal correspondente ao 2025. Este ano xogamos co número 05147. De venta na secretaría da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade en horario de 09:00H. a 15:00H. e de 17:00H. a 21:00H. Que a sorte nos acompañe!

Read More

A Asociación Xuvenil de Beade está a organizar a “Andaina do terror 2025”. Este ano trocan o esceario, recalando no monte de Beade para festexar o Samaín. A cita será o sábado 1 de novembro, a partires das 19:30H., no Parque Forestal de Beade (onda o parque infantil). Colaboran a A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade e o MVMB. Anotacións: 1- Andaina previa reserva. 2- Se recomenda empregar roupa e calzado adecuados.

Read More

Xoel Franco, atleta do C.S.C.R. de Beade, ven de participar no Campionato de España Sub 16 por Federacións Autonómicas celebrado o 4 e 5 de outubro en La Nucía (Alicante). Participando na proba dos 1.500 M Obstáculos, acadou a primeira posición, parando o crono en 4:24.11 Este feito axudou a finalizar á Selección Galega no 3º chanzo do podio, parabéns a toda a equipa desprazada! Agradecementos fotografía: Raquel G.

Read More

Unha nova actividade formativa chega á A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade. Se queres por o teu corpo en forma, ZUMBA está a agardar por ti. Non o dúbides, vémonos cada venres a partir das 20:30H. con Elena Castro Lifestyle aos mandos!

Read More

Desde a A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade realizamos un chamamento de colaboración a todas as veciñas e veciños que queiran axudar fisicamente coa reforma do auditorio ao carecer de recursos para levala a cabo. Entre os traballos están a desmontaxe do mesmo, tendo lugar de luns a venres a partir das 17:00h. e sábados en xornada de mañá e tarde. Xuntas e xuntos conseguiremos volver a ter un espazo onde a cultura encha de sabedoría as nosas vidas.

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade presenta unha nova edición da tradicional “Festa dos callos”. O evento, que comezou a súa andaina no ano 1996, chega á 27. ª edición convertida nun punto de encontro na cidade de Vigo, fomentando o turismo, a gastronomía e a cultura da terra. Cuns prezos populares, os asistentes poderán desfrutar o domingo 19 de outubro a partir das 11:00h. das racións de callos coa música do Grupo de gaitas “Arume” e o Grupo de Pandereteiras “A volta do Demo”. Ademais, tralo éxito da edición anterior, voltaremos contar cun “pintacaras”. Comparte e sente a chegada…

Read More