Autor: avbeade

A Rondalla do C.S.C.R. de Beade estará presente no tradicional “Certame de Rondallas do Porriño”. A nosa formación será unha das catorce rondallas que participen o domingo 7 de xaneiro no acto organizado polo Concello do Porriño que pon fin ao Nadal da vila. Se o tempo o permite, se realizará primeiramente un pasacalle a partir das 16:30H., dando paso ás 17:30H. ao acto central no Pavillón Municipal, con entrada libre e de balde ata completar aforo.

Read More

O Grupo de baile moderno do C.S.C.R. de Beade ven de participar na Cabalgata de Reis 2024 de Vigo celebrada este venres 5 de xaneiro polas rúas da cidade. As rapazas e rapaces foron quen de acompañar as Súas Maxestades cunha caracterización e baile baseados no mar e fantasía. Sen dúbida unha gran experiencia para todos eles, que de seguro lembrarán de por vida. Finalmente, damos as grazas á organización por darnos a oportunidade de formar parte deste máxico día.

Read More

O mércores 3 de xaneiro tivo lugar no Concello de Vigo a presentación do “V Certame de Rondallas de Vigo”. No evento participarán as cinco formacións da cidade, entre elas a Rondalla do C.S.C.R. de Beade. A cita será o sábado 13 de xaneiro do 2024 ás 18H. no Pavillón de As Travesas, con entrada de balde ata completar aforo.

Read More

A Rondalla do C.S.C.R. de Beade estará presente na nova edición do “Certame de Rondallas de Reis”. A formación da «terra da cereixa» será unha das catorce rondallas que participen este 6 de xaneiro na corenta e unha edición do certame organizado polo Concello de Gondomar. A quenda da actuación será de tarde, concretamente ás 18H. Máis información na seguinte páxina web: https://concellodegondomar.gal/41-edicion-do-certame-de-rondallas-de-reis/

Read More

O vindeiro 4 de xaneiro Beade recibirá a máxica “Visita dos Reis Magos”. Comezarán realizando un percorrido pola parroquia ás 16:00H., onde percorrerán os 8 barrios que a compoñen para achegar a ilusión a cativos e maiores. Unha vez finalizado o treito, serán recibidos ás 18:00H. na A.V.C.U. – C.S.C.R. pola Banda de cornetas, gaitas e tambores “Ría de Vigo”.

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade ven de dar a coñecer a programación cultural da «Cereixa de auga» de xaneiro, estando presentes actividades asociadas á época do Nadal. O 2024 é inaugurado coa chegada dos “Reis Magos” a Beade o xoves 4 de xaneiro. Comezarán realizando un percorrido pola parroquia ás 16:00H., onde visitarán os 8 barrios que a compoñen para achegar a ilusión a cativos e maiores. Unha vez finalizado o treito, serán recibidos ás 18:00H. na A.V.C.U. – C.S.C.R. pola Banda de cornetas, gaitas e tambores “Ría de Vigo”. Seguidamente, o C.S.C.R. de Beade ten programado o “Concerto…

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade xa ten á venda as entradas do “VI Concurso de Rondallas” que organiza a Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo. O custe por unidade é de 3€ e o evento será o 14 de xaneiro ás 17H. no IFEVI. Se poden adquirir de luns a venres en horario de 9H. a 15H. e de 17H. a 21H. (secretaría) ou de luns a domingo en horario de 10H. a 22H. (cafetería).

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade despide este domingo o 2023 coa “Foliada aberta de fin de ano”. O Grupo de pandereteiras “A volta do Demo” e Os Escaravellos serán os encargados de achegar a música tradicional á cafetería do C.S.C.R. de Beade.

Read More