Autor: avbeade

Apoia ao deporte vigués e gaña unha viaxe para dúas persoas “FADOS E FESTA” a Portugal do Club Finde, en pensión completa e en hoteis de 4 estrelas con guía acompañante toda a viaxe. Para gozar do 19 ao 20 de outubro de 2024. O sorteo celebrarase o 20 de abril durante o descanso do encontro de baloncesto en cadeira de rodas (Iberconsa Amfiv – Amivel Reyes Gutierrez). Bases recollidas en www.vide.es – Fundación VIDE

Read More

O domingo 4 de febreiro tivo lugar en A Pobra do Caramiñal o Campionato Xunta de Galicia de Marcha en ruta, proba na que participaron as nosas atletas Deva Pallás (categoría sub12) e Jana Rodríguez (categoría sub10). Cómpre destacar as súas actuacións, acadando unha 7ª posición en ambas categorías. Noraboa, rapazas!

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade ven de dar a coñecer a programación cultural da «Cereixa de auga» de febreiro, tendo como gran protagonista a troula. O “Entroido en Beade” será quen de poñer fin á intensa actividade que vivirá a Comparsa de Entroido pertencente a este centro sociocultural. Para elo a A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade e a Asociación Xuvenil de Beade teñen preparada unha festa para o sábado 24 de febreiro que comezará ás 17:00h. cun pasacalle da comparsa pola parroquia. Media hora máis tarde, isto é, ás 17:30h., realizarán un concurso de disfraces con diferentes categorías de…

Read More

A Sala de exposicións do C.S.C.R. de Beade ven de abrir ao público a exposición “Retratos”, unha obra moi persoal do artista Manuel Juncal na que, mediante bolígrafo, retrata persoas e animais. A mostra estará aberta ata o 26 de febreiro en horario de 10:00H. a 21:00H.

Read More

Unha boa delegación do Grupo de baile moderno do C.S.C.R. de Beade visitou o domingo 28 de xaneiro as instalacións da Asociación de Veciños de Santa Mariña de Cabral para participar no “Festival de baile” impulsado por EnDanza. A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade agradece á asociación veciñal e a EnDanza o convite a este evento.

Read More

Moi boas novas dende o Campionato de España de Seleccións de Campo a Través celebrado o sábado 27 de xaneiro en Xetafe! O noso atleta Xoel Franco, xunto aos seus compañeiros, proclamáronse CAMPIÓNS DE ESPAÑA na categoría Sub16, e ademais pecha unha espectacular actuación chegando á meta no 6º posto individual. Noraboa á selección polas grandes actuacións e noraboa a Xoel polos resultados que segue a acadar.

Read More

O Grupo de baile moderno do C.S.C.R. de Beade visita a Asociación de Veciños de Santa Mariña de Cabral para participar no “Festival de baile” impulsado por EnDanza. O evento está programado para o domingo 28 de xaneiro de 2024 ás 12H.

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade abre prazo de inscrición para unha nova viaxe. Desta vez o destino escollido é Cuntis para visitar o Balneario Termas de Cuntis. Os visitantes desfrutarán dun almorzo bufete, visita turístico informativa ao balneario, xantar e circuíto termal. Anotarse na secretaría ou mediante o 986210967 Viaxe o luns 4 de marzo.

Read More

GALA DO ATLETISMO O pasado martes 23 de xaneiro estivemos presentes na “Gala do Atletismo” celebrada no Auditorio Municipal do Concello. Fito Fernández, impulsor do Club Atletismo Beade, foi galardoado como mellor directivo. Ademais, 13 atletas pertencentes ao noso club foron campións do cross escolar 2023, sendo os seguintes: Alejandro Mera Soto Yago Fernández García Daniela Domínguez Velasco Daniel Ameneiro González Xoel Franco García Ángel Rodríguez Carballo Lena Riera Pérez Icía Ameneiro González Cíes Rial Couso Fernanda Mateo Regalado Mateo Laíño Camba Emma Pérez Losada Alba Lago Soliño Noraboa a todas e a todos, sodes o noso futuro! CARREIRA…

Read More

Os nosos atletas visitaron o sábado 20 de xaneiro o Concello de A Rúa para participar no Campionato Xunta de Galicia Sub10 – Sub12 – Sub14 de Campo a Través – XVII Memorial Alejandro Lorenzo. Entre os resultados acadados están os seguintes: [Alevín F] Lena, Candela, Fer, Deva, Laia, Xulia, Xoana, Noa, Ari e Sara – Campioas galegas [Alevín M] Ángel Rodríguez – Campión galego [Alevín F] Lena Riera – Campioa galega [Infantil M] Lucas, Josep, Mateo, Nico, Gael e Breixo – Bronce galego [Benxamín F] Cíes, María, Emma e Amelia – 4ªs galegas [Infantil F] Icia, Irene, Camino, Claudia…

Read More