Autor: avbeade

Os nosos atletas participaron na Vigo +11, proba celebrada o domingo 10 de decembro que pechou o circuíto de carreiras populares Run Run Vigo 2023. Entre os resultados acadados están os seguintes: Fernanda Mateo – 1ª Benxamín feminino Cíes Rial – 2ª Benxamín feminino Ángel Rodríguez – 1° Alevín masculino Lena Riera – 2ª Alevín feminino Irene Burgos – 3ª Alevín feminino Olivia Smyth – 2ª Infantil feminino Uxía López – 3ª Infantil feminino Xoel Franco – 1° Infantil masculino Mateo Domínguez – 3° Infantil masculino Daniel Ameneiro – 1° Cadete masculino Noraboa a todas/os as/os participantes!

Read More

Os nosos atletas visitaron o sintético de Expourense para competir no Torneo Abanca de pista cuberta e na Xornada en Pista Cuberta da XL Copa Deputación Ourense de Atletismo. Imos cos resultados máis salientables das probas: TORNEO ABANCA DE PISTA CUBERTA Esta gran festa deportiva, que se disputou o domingo 3 de decembro, contou con corenta e oito equipos e medio milleiro de atletas. *SUB10 FEMININO – CUARTAS* – Valeria Sende: 6ª en 50ml con 8,72 – Fernanda Mateo: 1ª en 500ml con 1:38,13 – Cíes Rial: 5ª en 1000ml con 4:01,33 – Clara Lago: 5ª en altura con…

Read More

Aproveitando a ponte festiva, as nenas e nenos poden realizar as súas cartas a Papá Noel e aos Reis Magos e facerllas chegar a través do buzón máxico que temos nas nosas instalacións. A Xunta directiva da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade quere agradecer a Carpintería Beade Capital a creación e doazón deste buzón tan especial que se encherá dos soños e desexos da cativada.

Read More

Tras verse adiado por mor da climatoloxía, a A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade promove o “II Encontro de Rondallas en Beade” para achegar a música rondalleira á parroquia. O evento, que conta coa colaboración da Irmandade de Festas de Santa Ana, está programado para o sábado 9 de decembro a partir das 16:15H., hora na que as rondallas participantes (Rondalla do C.S.C.R. de Beade, Rondalla do C.C.A.R. Valladares e a Rondalla de Peña Freixo) realizarán un pasacalle pola parroquia cos seguintes percorridos: Rondalla do C.S.C.R. de Beade: dende Materiales de Construcción Fernando Alonso ata o Torreiro de Festas de Santa…

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade ven de presentar o campamento de Nadal do ano 2023/24! Pico e Cuda están desexando volver a ver ás nenas e nenos para realizar actividades relacionadas coa época na que nos atopamos. DATOS DE INTERESE: Apertura de inscricións: luns 4 de decembro Duración do campamento: do venres 22 de decembro ao 5 de xaneiro Aula matinal: 8:30H a 14:30H Horario: 9:30H a 13:30H Idades: 3 a 12 anos Folla de inscrición: dispoñible na secretaría da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade a partir do venres 1 de decembro. Máis información na secretaría da A.V.C.U. -…

Read More

Os nosos atletas tiveron competición o domingo 26 de novembro no 44º Memorial Berlarmino Alonso e no Zonal Xogade, probas nas que acadaron os seguintes resultados: Lena Riera – 1ª Alevín Feminino Equipo Cadete Masculino – 1º Equipo Alevín Masculino – 1º Equipo Alevín Feminino – 1º Equipo Benxamín Feminino – 1º Xoel Franco – 2º Infantil Masculino Ángel Rodríguez – 2º Alevín Masculino Cíes Rial – 2ª Benxamín Feminino Equipo Infantil Feminino – 2º Equipo Infantil Masculino – 2º Equipo Benxamín Masculino (Xogade) – 2º Daniel Ameneiro – 3º Cadete Masculino Irene Burgos – 3ª Infantil Feminino Mateo Domínguez…

Read More

A A.V.C.U. – C,S,C,R, de Beade celebra o sábado 2 de decembro ás 18:00H. o “Festival de baile moderno”, un acto que contará coas intervencións do Grupo de baile moderno do C.S.C.R. de Beade, Escuela de baile Pasos Bailegalicia e o Grupo de baile moderno EnDanza da A.V.C.D. de Cabral.

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade inugura o venres 1 de decembro ás 20:30H. o “Acendido da árbore de Nadal”, un evento moi especial que quere facer protagonista á veciñanza tras ser convidada a participar na elaboración dos adornos da árbore. Vos agardamos a todas e a todos nas nosas instalacións para vivir unha xornada chea de maxia e ilusión!

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade retoma a programación cultural da «Cereixa de auga» coa inminente chegada do inverno, estando presentes actividades asociadas á época do Nadal. O derradeiro mes do ano é inaugurado polo “Acendido da árbore de Nadal”, un evento especial co que se quere facer participe á veciñanza tras ser convidada a participar na elaboración dos adornos da árbore. Está programado para o venres 1 de decembro ás 20:30H nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade. Ao día seguinte terá lugar o “Festival de baile moderno”, que contará coas intervencións do Grupo de baile moderno do…

Read More