Subscribe to Updates
Get the latest creative news from FooBar about art, design and business.
Autor: avbeade
Convócase a todos os socios desta Asociación á Asemblea Xeral Ordinaria, a celebrar no Auditorio do C.S.C.R. o vindeiro día 25 de febreiro do 2024, con primeira convocatoria ás 11:00H. e 11:30H. en segunda. Toda a información relativa á convocatoria está na carta enviada recentemente aos socios.
BASES E CONVOCATORIA DO CONCURSO DE CARTEIS DA “XXXVII FEIRA – FESTA DA CEREIXA” Primeira.- Obxecto A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade convoca o concurso de carteis da “XXXVII Feira – Festa da Cereixa”, tendo como bases as que se detallan a continuación: Poderán participar neste concurso todos os xóvenes entre 8 e 16 anos que pertenzan á parroquia ou colexios e Instituto de Beade, así como os que non sendo dela, son socios ou fillos de socios da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade. Trátase coma tema debuxar o cartel anunciador da “XXXVII Feira – Festa da Cereixa” ou debuxo…
A Rondalla do C.S.C.R. de Beade pechou a temporada 2023/24 participando no “VI Concurso de Rondallas” organizado pola Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo. A nosa formación foi unha das quince rondallas que competiron o 14 de xaneiro no IFEVI, recinto que acolleu durante horas a música propia destas datas no sur da provincia de Pontevedra. Vémonos todas e todos nuns meses para comezar un novo curso rondalleiro!
A Rondalla do C.S.C.R. de Beade participou o pasado sábado 13 de xaneiro no «V Certame de Rondallas de Vigo» organizado polo Concello de Vigo. Foi un pracer compartir a cultura rondalleira coas formacións veciñas do CVC de Valladares, Helios de Bembrive, Peña de Freixo e Zamáns ante un público que, fronte as condicións climatolóxicas adversas, decidiron achegarse ata o Pavillón das Travesas. Grazas ao Concello de Vigo pola convidación ao acto.
Os nosos atletas visitaron o sábado 13 de xaneiro Ribadavia para participar no Campionato de Galicia de Cros Escolar 2023/2024 (Xogade). Entre os resultados acadados están os seguintes: [Cadete M] Xoel Franco – Campión galego [Alevín M] Ángel Rodríguez – Campión galego [Alevín F] Lena, Candela, Fer, Xoana, Laia e Noa – Subcampioas galegas [Infantil M] Lucas, Mateo, Josep, Rubén, Gael e Martín – Bronce galego [Alevín M] Ángel, Adrián, Mateo, Asier e Yoel – 7ºs [Infantil F] Irene Burgos pecha a gran actuación das nosas e nosos cun 28 posto individual! Noraboa a todas/os!
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade inaugura o sábado 13 de xaneiro ás 19H. a quenda cultural do 2024 co «Concerto de Aninovo». O evento, protagonizado pola Kv2211 – Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, terá lugar no Auditorio do C.S.C.R. de Beade.
A Rondalla do C.S.C.R. de Beade estará presente no “VI Concurso de Rondallas” que organiza a Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo. A nosa formación será unha das quince rondallas que compitan este 14 de xaneiro a partir das 17H. no IFEVI, recinto que acollerá preto de 1.200 rondalleiros. As entradas, cun custe de 3€ por unidade, poden mercarse nas nosas instalacións de luns a venres na secretaría en horario de 9H. a 15H. e de 17H. a 21H. ou na cafetería en horario de 10H. a 22H.
Os nosos atletas visitaron o domingo 7 de xaneiro Ribadavia para participar no Campionato Xunta de Galicia Individual e de Clubs: Sub 16, Sub 18, Sub 20, Sub 23 e Absoluto de Campo a Través. Destaca a actuación de Xoel Franco, que ven de proclamarse novo campión galego desta edición autonómica na categoría Sub 16. Ademais, cómpre mencionar que se trataba do seu debut nesa categoría. Noraboa, Xoel!
O domingo 7 de xaneiro foi outra xornada intensa de traballo para os membros da Rondalla do C.S.C.R. de Beade. Comezaron a aventura pola mañá, levando a súa música polas rúas de Sabarís. Tras un descanso para o xantar, viaxou ata O Porriño para participar no tradicional “Certame de Rondallas do Porriño”. A nosa formación comezou o acto cun pasacalle desde a rotonda limítrofe co Concello de Mos, dando paso á intervención dentro do Pavillón Municipal dos Deportes. A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade agradece ás organizacións de ambos eventos polo seu convite. Esta semana poñemos o punto e final…
A Rondalla do C.S.C.R. de Beade contou cunha xornada de Reis repleta de actividade. A mañá comezou en Redondela, estando presente na nova edición do “Certame de Rondallas e Ranchos de Reis” organizado polo Concello de Redondela. A tarde continuou no Concello de Gondomar, tendo lugar a corenta e unha edición do “Certame de Rondallas de Reis”. Desde a A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade agradecemos a ambos concellos o convite a ditos eventos.
