Autor: avbeade

A Rondalla do C.S.C.R. participará no «XXXIII Certame de Rondallas de Valladares». O evento está programado para o sábado 30 de decembro ás 16H. no Campo de Fútbol de A Gándara, no que tamén participarán as rondallas do C.V.C. de Valladares, Helios de Bembrive e Peña Freixo.

Read More

Os nosos atletas visitaron o sábado 23 de decembro Expourense para participar no Control Marcas de Inverno CAR. Entre os resultado acadados están os seguintes: [S14] Xoel Franco: 1:13.39 en 500ml (récord galego) [S10] Fernanda Mateo: 3.86 en lonxitude (récord galego) [S14] Daniel Currás: 1:25.54 en 500ml [S10] Cíes Rial: 3.17 en lonxitude [S14] Lucas Costas: 1:34.63 en 500ml [S12] Ángel Rodríguez: 1:26.39 en 500ml Noraboa a todas/os!

Read More

As rapazas e rapaces do Grupo de baile moderno do C.S.C.R. de Beade van participar na programación especial “Nadal nos barrios”. Tendo como punto de encontro a Rúa Teixugueiras, comezarán a amosar o seu traballo desenvolto ao longo de todos estes meses de ensaios o venres 22 de decembro a partir das 17:30H.

Read More

A Sala de exposicións do C.S.C.R. de Beade ven de abrir ao público a exposición de pintura colectiva “A arte en Nadal”, dos artistas Antonio Abalde, David Quinteiro, Jose Miranda, Julio García, Marcos Soto, Pilar Mourín, Pimira, Sofía Vázquez e Tania Ulloa. A mostra estará aberta ata o 20 de xaneiro en horario de 10:00H. a 21:00H.

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade acolle este sábado 23 de decembro ás 18:00H no seu auditorio o «Concerto de Nadal» que organiza a Banda Escola de Música de Beade.

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade se prepara para recibir a «Visita de Papá Noel», acontecemento que marcará o treito final deste ano 2023 e no que rapazolada de Beade poderá trasladarlle os seus desexos e entregarlle as súas cartas. Esta chegada tan especial terá lugar o 23 de decembro ás 16:00H. nas instalacións da A.V.C.U. –  C.S.C.R. de Beade.

Read More

A Xunta Directiva da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade desexa a toda a veciñanza unhas boas festas e feliz 2024. Agardamos que todos os desexos sexan cumpridos no ano que está a piques de comezar.

Read More

Os nosos atletas estiveron o sábado 16 de decembro no Campionato Provincial de Xogade, onde acadaron os seguintes resultados: Xoel Franco – 1º Cadete Masculino Lena Riera – 1ª Alevín Feminino Ángel Rodríguez – 1º Alevín Masculino Cíes Rial – 1ª Benxamín Femenino Equipo Infantil Masculino – 1º clasificado Equipo Benxamín Feminino – 1º clasificado Equipo Alevín Feminino (clasificadas ao Galego) – 2º clasificado Equipo Alevín Masculino (clasificados ao Galego) – 2º clasificado Equipo Cadete Masculino – 4º clasificado Equipo Infantil Feminino – 4º clasificado Equipo Benxamín Masculino – 5º clasificado O equipo infantil masculino, alevín feminino e masculino, Xoel…

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade acolle o sábado 16 de decembro ás 18H. no seu auditorio o “Festival de Nadal” da Escola de Música de Beade que organiza a Banda Escola de Música de Beade.

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade achega os vilancicos de Nadal á parroquia a través do “Festival de corais” que terá lugar este domingo 17 de decembro ás 19:00H. no Auditorio do C.S.C.R. de Beade. No evento estarán presentes a Masa Coral do C.S.C.R. de Beade, a Coral Polifónica da S.C.D. “Atlántida” de Matamá e a Coral Polifónica María Auxiliadora. Ademais, a formación da casa interpretará un vilancico andaluz que irá acompañado de baile grazas á colaboración especial do Grupo de sevillanas do C.S.C.R. de Beade.

Read More