Autor: avbeade

Dende a A.V.C.U. – C.S.C.R. informamos que a revisión dos vehículos agrícolas terá lugar os días 21 e 22 de decembro do 2023 no aparcadoiro das nosas instalacións. Xa se pode solicitar cita a través do número de teléfono 902.309.000 ou na páxina web de SYC ITV.

Read More

Os nosos atletas tiveron competición o domingo 19 de novembro no «IX Cross Escolar do Colexio Frián» (Teis), proba na que estiveron a un gran nivel e da que destacan os seguintes resultados: Xoel Franco – 1° Senior Masc Daniel Ameneiro – 2° Senior Masc Aldara Fonseca – 2ª Senior Fem Ángel Rodríguez – 1° Alevín Masc Lena Riera – 1ª Alevín Fem Antón Fuentes – 2º Benxamín Masc Fernanda Mateo – 1ª Benxamín Fem Emma Pérez – 1ª Prebenxamín Fem Alba Soliño – 1ª Pitufos Fem Noraboa a todas/os as/os participantes e moita sorte para o vindeiro domingo no…

Read More

Estamos a piques de adentrarnos nas datas máis significativas do ano, o Nadal comeza a achegarse e con el as xuntanzas das familias e amigos. Dende a A.V.C.U. – C.S.C.R. queremos facer destas festas a unión, a maxia e a ilusión, polo que convidamos a toda a veciñanza a participar na decoración da nosa árbore, que terá unha altura que non deixará indiferente a ninguén. Se queredes formar parte desta iniciativa, podedes facelo doando bolas de cor dourada, prata ou vermella (co voso nome), ou mediante a creación de postais en tamaño A5 (A4 dobrado á metade). Unha árbore de…

Read More

O auditorio do C.S.C.R. de Beade acolle o sábado 18 de novembro ás 19:30H. o concerto de Santa Icía que organiza a Banda Escola de Música de Beade. Nela, a Banda Infantil de Beade, a Banda Xuvenil de Beade e a Banda Escola de Música de Beade homenaxearán á patroa da música.

Read More

A Sala de exposicións do C.S.C.R. de Beade ven de abrir ao público «Más que Tribus», de Pilar Iglesias Mira (Pimira). Nesta exposición quere amosar dúas facetas artísticas, de aí o título da mostra. A primeira é unha serie de pinturas de mulleres de diferentes etnias realizadas en óleo e collage sobre madeira ou lenzo, nas que destaca a cor e a diversidade de adornos e maquillaxes considerados unha verdadeira arte da beleza e a pertenza social. A segunda é un conxunto de impresións sobre papel de motivos mariños, principalmente peixes, sepias, polbos, etc. feita coa técnica denominada Gyotaku realizada…

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade abre o prazo de inscricións para a excursión programada para o 3 de decembro. Desta vez poñemos rumbo a Padrón para visitar a Feira semanal máis importante de Galicia, na que os visitantes desfrutarán do  seu ambiente, os variados postos e os pulpeiros. Tralo xantar, incluído no prezo, se disfrutará da tradicional queimada e, a continuación, do baile. Nota: Anotarse na secretaría ou mediante o 986210967

Read More

Os nosos atletas tiveron competición o domingo 5 de novembro no zonal de Xogade en Pontevedra (Parque das esculturas), obtendo unha gran actuación na que destacaron, entre outros: CATEGORÍA SUB 10 1ª Cíes Rial 7ª María Costas 8ª Jana Rodríguez CATEGORÍA SUB 12 1ª Lena Riera 5ª Fernanda Mateo 1º Ángel Rodríguez 5º Antón Fuentes CATEGORÍA SUB 14 4º Lucas Costas CATEGORÍA SUB 16 1º Xoel Franco Noraboa a todas/os as/os participantes nunha intensa xornada de choiva!

Read More

O sábado 11 de novembro vaise celebrar o “Magosto” nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade. A festividade, que dará comezo ás 19H., contará coas tradicionais castañas a un simbólico prezo de 1€, estando acompañadas de bebida. Os asistentes tamén poderán degustar outros productos gastronómicos a prezos populares. En canto á música, virá da man do Grupo de gaitas Arume e do Grupo de pandereteiras A Volta do Demo, formacións pertencentes ao Centro Cultural de Beade.

Read More

O domingo 5 de novembro ás 18H. vaise celebrar no auditorio do C.S.C.R. de Beade a «Gala benéfica a favor da Asociación Española Contra o Cancro». No evento, presentado por Carlos Veleiro e Rocío García, participarán o Grupo de baile galego «Semente da Arte Galega», Grupo de gaitas «Arume», Grupo de pandereteiras «A volta do Demo», Pasión Flamenca e a Escuela de Danza Miriam Pino. Este acto benéfico conta coa colaboración da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, Pasión Flamenca e a Escuela de Danza Miriam Pino.

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade ven de presentar a programación da «Cereixa de outono» correspondente ao mes de novembro, estando presentes a gastronomía, a música de bandas e a solidariedade. A «Gala benéfica a favor da Asociación Española Contra o Cancro» abre a actividade no Auditorio do C.S.C.R. de Beade cun acto solidario no que estarán presentes o Grupo de baile galego Semente da Arte Galega, Grupo de gaitas Arume, Grupo de pandereteiras A Volta do Demo, Pasión Flamenca e Escuela de Danza Miriam Pino. A cita terá lugar o domingo 5 de novembro ás 18:00H. Seguidamente, a gastronomía será a…

Read More