Autor: avbeade

Unha delegación de atletas do C.S.C.R. de Beade se desprazaron ata Marín para participar na XXVI Milla Urbana San Miguel de Marín. A proba, celebrada o pasado 27 de setembro, deixa boas sensacións para os nosos. A seguir sumando experiencias! Agradecementos fotografías: Alberto / Sonia

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade informa que o AUDITORIO quedará PECHADO ata novo aviso por motivos de forza maior ao CARECER DE RECURSOS para afrontar a reforma total do inmoble. Desde hai anos, o recinto sufre un problema de CARCOMA que viuse agravado poñendo en risco a seguridade dos usuarios que o empregan. A Xunta Directiva determinou, por unanimidade, tomar esta decisión, sendo efectiva a partir do 26 de setembro de 2025. Lamentamos ter que tomar esta decisión, pero, ante a falta de apoio institucional e preservando a seguridade da veciñanza, vémonos na obriga de PECHAR.

Read More

A Concellería de Política de Benestar Social do Concello de Vigo, dentro do “Programa de Avellentamento Activo – Vigo, cidade amiga dos maiores”, pon en marcha o servizo de rutas marítimas guiadas gratuítas pola Ría de Vigo, que ten por finalidade incrementar a oferta existente de alternativas de lecer e tempo libre para as persoas maiores que favorezan aínda máis a súa socialización e, ó mesmo tempo, o coñecemento da nosa contorna mediante a realización de rutas en barco pola Ría de Vigo, contribuíndo a favorecer a vida saudable, a prevención da dependencia e reducir a soidade non desexada. Información…

Read More

Xa estamos despedindo o verán e iso implica que unha nova temporada rondalleira está a piques de comezar. Se queres vivir unha experiencia única durante as datas do Nadal, a Rondalla do C.S.C.R. de Beade agarda por ti! Este venres 12 de setembro ás 21:00H. terá lugar a presentación nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade. Máis información na oficina da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade. Inscricións xa abertas!

Read More

A sección de atletismo do C.S.C.R. de Beade retoma a actividade coa chegada do mes de setembro. O noso atleta Xoel Franco desprazouse o 6 de setembro ata Lourenzá (Lugo) para disputar o XVI Campionato Xunta de Galicia de Milla en Ruta e 1 Km 2025. A proba deixa unha meritoria 1ª posición na 1K Sub 16. Parabéns polo resultado, a seguir sumando experiencias! Agradecementos fotografía: Raquel García

Read More

O Club Deportivo do C.S.C.R. de Beade vai realizar durante o mes de setembro unhas xornadas de portas abertas para a sección de atletismo. Un deporte que ensina á cativada a traballar en equipo e o compañeirismo, ademais de ser unha actividade excepcional para compaxinar cos estudos. Se estades interesadas e interesados en formar parte da actividade, podedes achegarvos aos adestramentos que se realizarán os martes ás 18:00h. no CUVI, venres ás 18:00h. no Parque de Castrelos e os domingos ás 11:00h. na Praia de Samil (no aparcadoiro que está situado ao lado das pistas de tenis). Máis información na…

Read More

A piques de comezar un novo curso, a A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade vai realizar unha xornada de portas abertas do Grupo de baile galego «Semente da Arte Galega». Se convida a toda a veciñanza a vivir o folclore da man de Paula Sotelino, persoa encargada de impartir a clase. Vémonos todas e todos o sábado 20 de setembro ás 11:00h. nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, non faltedes!

Read More