Subscribe to Updates
Get the latest creative news from FooBar about art, design and business.
Autor: avbeade
Nova semana de actividade deportiva para a sección de atletismo do C.S.C.R. de Beade. Desta vez, unha delegación do equipo desprazouse ata Marín para participar na 10K Marín Manuel Rosales. A proba, celebrada o sábado 26 de xullo, deixa como resultados máis destacados a 1ª posición de Xoel Franco na categoría Sub 16 – M e a 3ª posición de Ángel Rodríguez en Sub 14 – M. Parabéns a todas/os as/os atletas que participaron. Que continúe a aprendizaxe! Agradecementos fotografías: Alfonso Vázquez
O domingo 3 de agosto terá lugar a “XXXIV Festa do Monte” no Parque Forestal de Beade. A cita contará coa participación dos grupos folclóricos do C.S.C.R. de Beade. Ademais, compartiremos festa coa Banda de Música de Beade, Charanga Costamekrelos, Amigos do Acordeón Rías Baixas e o Orfeón Mariñeiro do Berbés.
Nova semana de actividade deportiva para a sección de atletismo do C.S.C.R. de Beade. Comezamos o resumo co acaecido no XVII Trofeo Alfonso Posada celebrada o 19 de xullo na Pista de Atletismo de Balaídos. Dela destacan as MMP de Marcos Acuña nos 200m Homes; Breixo Silva no Peso (4kg) Homes e no Martelo. Ademais, Sabela Vázquez participou no Peso (3kg) Mulleres e no Martelo (3kg) Mulleres. Ao día seguinte, isto é, 20 de xullo, unha delegación de atletas participou na XI Carreira Carneiro ó Espeto, en Moraña, acadando uns bos resultados na categoría por parellas. Parabéns a todas/os as/os…
Beade prepárase para vivir as Festas de Santa Ana 2025 durante o mes de xullo baixo a organización da Irmandade de Festas de Santa Ana. Este ano contará coa participación da Banda de Cornetas, Gaitas e Tambores “Ría de Vigo” e da Masa coral do C.S.C.R. de Beade, formacións pertencentes ao Centro Cultural de Beade. O día 25, a Banda de Cornetas, Gaitas e Tambores “Ría de Vigo” realizará o tradicional pasacalle a partir das 10:30H. O 26, día de Santa Ana e San Xoaquín, a misa solemne será cantada pola Masa Coral do C.S.C.R. de Beade ás 12:00H. na Igrexa…
Fin de semana moi importante para a sección de atletismo do C.S.C.R. de Beade. Xoel Franco viaxou ata Xixón (Asturias) para competir no Campionato de España Sub-16 en Pista. Celebrado os días 12 e 13 de xullo nas Pistas de Atletismo de las Mestas, a xoven promesa proclamouse campión de España na proba dos 1.000 m. A primeira xornada foi moi productiva, dado que acadou un posto para a gran final que tería lugar ao día seguinte. O rapaz foi quen de xestionar á perfección os ritmos para non sufrir desgaste na final. A segunda xornada, que tivo lugar o…
A Masa Coral do C.S.C.R. de Beade participará o sábado 12 de xullo no “6º Ciclo Coral de Verán”. A nosa formación compartirá cartaz coa Coral Polifónica Apóstol Santiago e a Coral Polifónica da UVCD de Candeán. O evento, enmarcado dentro da programación “Vigo, un mar de corais”, dará comezo ás 20:30 h na Basílica Concatedral de Vigo.
NOTA INFORMATIVA: A excursión programada a Salamanca ven de sufrir unha modificación no seu itinerario por motivos alleos á A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, tendo a seguinte planificación: A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade abre prazo de inscrición para unha nova viaxe que terá como destino de tres días a terras de Castela e León co seguinte itinerario: DÍA 1: Saída con destino a Salamanca, coñecida pola súa arquitectura ornamental de arenisca e a universidade. DÍA 2: Tras almorzar no hotel, os viaxeiros visitarán a Alberca, lugar que conta con praza maior e 3 ermitas. O xantar se realizará pola zona…
Nova semana de actividade deportiva para a sección de atletismo do C.S.C.R. de Beade. Comezamos o resumo co acaecido na X Festa do Atletismo Galego celebrada o xoves 3 de xullo no CGT de Pontevedra. Dela destacan as MMP de Rubén Vázquez nos 300m Homes; Daniel Currás, Mateo Domínguez e Pedro Acuña nos 1.000m Homes e Olivia Smyth nos 300m Mulleres. Índonos cara a fin de semana, o sábado 5 de xullo tivo lugar o XXXVII Campionato Xunta de Galicia de Atletismo Sub20 en Pista AL na Pista Universitaria de Santiago de Compostela. Nel, a atleta Uxía Franco logrou MMP…
A Asociación Xuvenil de Beade organiza, en colaboración coa A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, a nova edición de “Un Beade de cine”. Tendo lugar o sábado 12 de xullo ás 22:00H na terraza do aparcadoiro do Centro Cultural de Beade, o filme a proxectar será Barbie, polo que se convida a toda a veciñanza a acudir caracterizado de cor rosa. Ademais, para ter unha experiencia cómoda, se recomenda ir cunha cadeira da casa e roupa que combata a noite de verán. Vémonos todas e todos nunha xornada onde non faltarán o cine, flocos de millo, música e xogos!
Nova fin de semana de actividade deportiva para a sección de atletismo do C.S.C.R. de Beade. Comezamos o resumo co acaecido no XXXVII Campionato Xunta de Galicia de Atletismo Sub16 en Pista AL. Disputado no Estadio Municipal de Calabagueiros de O Barco de Valdeorras (Ourense), destaca a proclamación como campión galego de Xoel Franco nos 1.000m Homes. Ademais, das MMP cómpre mencionar a Nicolás Vázquez nos 3.000m Homes; Uxía López nos 3.000m Mulleres; Yonas Pousa e Breixo Silva no Peso (4kg) Homes. Finalmente, a 4ª Xornada Serie Municipal Concello de Vigo celebrada na Pista de Atletismo de Balaídos deixanos a…
