Subscribe to Updates
Get the latest creative news from FooBar about art, design and business.
Autor: avbeade
O domingo 29 de xuño ás 19:00H imos acoller o “Festival de baile moderno” que organiza a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais. O acto, que terá lugar no auditorio do C.S.C.R. de Beade, contará coa participación dos grupos do C.S.C.R. de Beade, Dance Step O Fiadeiro e VigoCentro. Vémonos todas e todos!
A Sala de Exposicións do C.S.C.R. de Beade ven de abrir ao público “Beade fotográfico”, unha mostra realizada polo alumnado do curso de fotografía do C.S.C.R. de Beade. A exposición estará aberta ata o 20 de xullo de 2025, de luns a domingo en horario de 10H a 21H.
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade ven de presentar a programación cultural da “Cereixa de sol” do mes de xuño, tendo como protagonistas a fotografía e o baile. O 20 de xuño terá lugar a inauguración da exposición “Beade fotográfica”, realizada polo alumnado do curso de fotografía do C.S.C.R. de Beade e que estará aberta ao público ata 20 de xullo na sala de exposicións do C.S.C.R. de Beade. Finalmente, será a q00uenda do “Festival de baile moderno”, un evento organizado pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais que contará coa participación dos grupos do C.S.C.R. de Beade, O Fiadeiro…
Semana de grandes novas para a sección de atletismo do C.S.C.R. de Beade. Comezamos o resumo co acaecido o xoves 12 de xuño na II Ourense Series Provinciais de Atletismo – Xornada Extra, cita celebrada na Pista de Atletismo Josefina Salgado (O Pereiro de Aguiar) que contou coa presenza de Sabela Vázquez. A atleta amosou unha boa actuación no Peso (3kg) Mulleres AL e en Disco Mulleres. Índonos cara a fin de semana, a actividade deportiva tivo como epicentro o Estadio Municipal de Atletismo de Balaídos da cidade olívica. Durante a mañá do sábado 14 de xuño disputouse o XIII…
Volven as tradicións e iso implica que este ano viviremos todos xuntos a noite máxica do ano. A AVCU – CSCR de Beade e a Irmandade de Festas de Santa Ana unen forzas para realizar conxuntamente a «Noite de San Xoán», onde haberá sardiñas de balde para as/os socias/os. Tamén teremos música da man de grupos folclóricos e actuación do Bruxo Queiman. Vos agardamos a todas e a todos no recinto de festas de Santa Ana o venres 20 de xuño a partir das 21:00 h.!
Semana de grandes novas para a sección de atletismo do C.S.C.R. de Beade. Comezamos o resumo co acaecido o mércores 28 de maio no CGTD (Pontevedra), onde tivo lugar o XLIX Trofeo S. Gimnástica Pontevedra – III xornada Froiz. O máis destacado da xornada é o récord acadado por Xoel Franco. A marca do Sub 16 nos 1.000m, que foi de 2.27:02, bate a acadada a nivel galego hai 33 anos, establecida en 2.27:74. Ademais, fixa un novo récord a nivel estatal ao aire libre, que estaba en 2.27:88. En canto ás MMP, están Alejandro González, Martín Alonso e Bruno…
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade acolleu este venres 30 de maio a avaliación do xurado do concurso de carteis da “XXXVIII Feira – Festa da Cereixa”. O veredicto se dará a coñecer o luns 2 de xuño na Sala de exposicións do C.S.C.R. de Beade. Moita sorte a todas/os as/os participantes!
Se estás interesada/o en traballar na AVCU-CSCR de Beade, abrimos prazo de recepción de CV dende o 29 de maio ata o 5 de xuño de 2025 para as seguintes vacantes: 2 Monitores/as de tempo libre 1 Traballador/a de mantemento Enderezo electrónico para recibir CV: info@av-beade.org
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade presenta o campamento de verán do ano 2025! As nenas e nenos vivirán con Pico e Cuda múltiples aventuras. DATOS DE INTERESE Apertura de inscricións: luns 2 de xuño Comezo do campamento: luns 23 de xuño Aula matinal: 8:30H a 14:30H Horario: 9:30H a 13:30H Idades: de 3 a 12 anos Máis información na secretaría da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade.
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade abre o prazo de inscricións para anotarse ás viaxes das Illas Cíes e da Illa de Ons. Todas aquelas persoas interesadas en coñecelas deberán anotarse na secretaría da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade. Notas importantes: Saídas desde Vigo. – Cíes mulleres: xoves 26 de xuño – Cíes familiar: domingo 13 de xullo – Ons: domingo 10 de agosto Imprescindible nome completo, data de nacemento, DNI e pago á hora de realizar a inscrición.
