Subscribe to Updates
Get the latest creative news from FooBar about art, design and business.
Autor: avbeade
Fin de semana de grandes novas para a sección de atletismo do C.S.C.R. de Beade. Comezamos o resumo co acaecido o sábado 24 de maio nas Pistas Universitarias de Elviña. Alí tiveron lugar o XXXIII Campionato Xunta de Galicia Sub 12 – XVII Campionato Xunta de Galicia Sub 10. Dos Sub 12 destacan as primeiras posicións de Fernanda Mateo nos 500m Mulleres (con MMP na proba) e Deva Pallás nos 2.000m Marcha Mulleres en pista (con MMP na proba). Posición de prata, isto é, segunda, para Sara Rivas na Altura Mulleres e para o equipo por relevos nos 4x60m Mulleres…
A nosa sección de petanca ven de disputar novas xornadas de Liga correspondentes á Liga Xunta de Galicia – Sénior 2ª Masculina – SEGUNDA SUR C. A primeira que imos mencionar tivo lugar o luns 12 de maio no Asador O Rancheiro, onde o equipo enfrontouse ao Bembrive. O venres desa mesma semana, 16 de maio, a formación achegouse ata o Centro Cultural Cabeiro para xogar contra o San Xoán. Unha vez rematada a fase regular, o equipo disputará a semifinal da súa táboa clasificatoria fronte ao Carapucha. A ida terá lugar o venres 23 de maio ás 20:00h. nas…
Con motivo da nova edición da Carreira da Cereixa informamos que o domingo 25 de maio haberá cortes de tráfico desde as 9:00 H. ás 14:00 H. polas estradas e camiños que se indican no plano. Agradecemos de antemán a colaboración da cidadanía.
O luns 19 de maio tivo lugar no Concello de Vigo a presentación da “XII Carreira da Cereixa”. No acto estiveron presentes o Alcalde de Vigo, os concelleiros de deportes, turismo e xuventude e membros directivos do Club Deportivo do C.S.C.R. de Beade encabezados polo seu presidente. Esta media noite pecharán as inscricións para participar na carreira máis doce do RunRunVigo. Vinde todas e todos, vos agardamos! Inscricións en MagmaSports: https://magmasports.es/es/eventos/xii-carreira-cereixa
A Sala de exposicións do C.S.C.R. de Beade abre ao público a mostra de carteis da “XXXVIII Feira – Festa da Cereixa”, evento que se celebrará durante os días 7 e 8 de xuño na parroquia viguesa. Os visitantes poderán observar de primeira man as máis de cen obras realizadas polo alumnado do CEIP Coutada Beade, CEIP Otero Pedraio e IES de Beade. Nos vindeiros días, un xurado composto por persoas vinculadas ás artes creativas e cultura será quen de decidir a obra gañadora, ademais de determinar o segundo e o terceiro premio. A exposición estará aberta ata o 9…
Fin de semana festiva e, á vez, de actividade deportiva para os nosos atletas. Comezamos o resumo co acaecido no XLI Campionato Xunta de Galicia de Clubs Sub 16. Disputado o sábado 17 de maio nas Pistas de Atletismo de Elviña (A Coruña), nos atopamos co 7º posto por equipos masculino. Como MMP están as de Nicolás Vázquez nos 3.000m Homes; Breixo Silva no Martelo (4kg) Homes; Rubén Vázquez nos 300m Homes da súa serie; Xoel Franco nos 1.500m Obstáculos Homes e Xabalina (600g) Homes; Lucas Costas na Lonxitude Homes; Rubén Vázquez na Altura Homes e Daniel Currás nos 100m…
Faltan 7 días para disputarse unha nova edición da “Carreira da Cereixa”. Vos deixamos o percorrido para convidarvos a disputar a carreira máis doce do RunRunVigo. E non vos despistedes, as inscricións están a piques de pechar! Bulide todas e todos á páxina de Team Relay para anotarvos: https://magmasports.es/es/eventos/xii-carreira-cereixa O domingo 25 de maio disfrutaremos xuntas e xuntos do deporte acompañado da nosa froita favorita.
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade vai participar cun posto informativo no “Mercado 2ª man Beade” que terá lugar o domingo 18 de maio no recinto de festas de Santa Ana. Nel, as e os cidadáns poderán coñecer as actividades e servizos que ofrece a asociación, así como o evento deportivo da Carreira da Cereixa e o evento gastronómico da “Feira – Festa da Cereixa”.
Nova semana de moita actividade para os atletas do C.S.C.R. de Beade, que nos deixa uns excelentes resultados para continuar sumando experiencias. Comezamos o resumo co acaecido o mércores 7 de maio no Centro Galego de Tecnificación (Pontevedra), onde o equipo tivo representación no LI Trofeo Boa Vila – II Xornada Froiz. Dela destaca o nome de Xoel Franco, que, coa súa MMP de 4:21.18 nos 1.500m Obstáculos Homes Final, acadou marca mínima para o Campionato Nacional de España de dita proba. Ademais, Breixo Silva realizou MMP no Martelo (4kg) Homes Final. En canto ao Xogade – Atletismo en Pista…
A “Feira – Festa da Cereixa” conmemorará a súa XXXVIII edición o 7 e 8 de xuño do 2025. O evento, que se ven desenvolvendo na parroquia viguesa dende o ano 1986, dará comezo o sábado 7 de xuño ás 18:00 h coa celebración da tradicional “misa cantada pola Masa Coral do C.S.C.R. de Beade”. Ás 19:30 h terá lugar nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade o “Festival de baile moderno”, acto que contará coas intervencións do Grupo de baile moderno do C.S.C.R. de Beade, Grupo de bachata do C.S.C.R. de Beade e Escuela de Baile Pasos Bailegalicia.…
