Autor: avbeade

A Sala de exposicións do C.S.C.R. de Beade abre ao público a mostra de carteis que optarán a anunciar a “XXXVII Feira – Festa da Cereixa”, evento que se celebrará durante os días 1 e 2 de xuño na parroquia viguesa. Os visitantes poderán observar de primeira man as 114 obras realizadas polo alumnado do C.E.I.P. Coutada – Beade, C.E.I.P. Otero Pedrayo e I.E.S. de Beade. Nos vindeiros días, un xurado composto por persoas vinculadas ás artes creativas e cultura será quen de decidir a obra gañadora, ademais de determinar o segundo e o terceiro posto na categoría de anunciador…

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade acolleu o domingo 7 de abril o “Encontro de Primavera” organizado polo Ateneo Musical de Bembrive. O acto contou coa presenza do mestre Juan José Ocón, profesor de trompeta e director de orquesta e bandas como Joven Orquesta Nacional de España, Banda Municipal da Coruña ou Joven Orquesta de Euskal Herria.

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade acolle o “Encontro de Primavera”, un acto organizado polo Ateneo Musical de Bembrive que terá lugar o domingo 7 de abril ás 19:00h. no Auditorio do Centro Cultural de Beade. Ademais, contará coa presenza do mestre Juan José Ocón, profesor de trompeta e director de orquesta e bandas como Joven Orquesta Nacional de España, Banda Municipal da Coruña ou Joven Orquesta de Euskal Herria.

Read More

A programación cultural da “Cereixa en flor” do mes de abril trae consigo a continuidade musical da primavera e o regreso do teatro a Beade. A banda sonora da estación que nos atopamos prosegue co “Encontro de Primaveira”, un acto organizado polo Ateneo Musical de Bembrive que dará comezo ás 19:00h. no Auditorio do Centro Cultural de Beade. Entrada de balde. Ademais, contará coa presenza do mestre Juan José Ocón, profesor de trompeta e director de orquesta e bandas como Joven Orquesta Nacional de España, Banda Municipal da Coruña ou Joven Orquesta de Euskal Herria. En canto ao teatro, que…

Read More

As nosas atletas participaron o domingo 24 de marzo no Trofeo Marcha en Ruta Concello de Ames, proba na que acadaron os seguintes resultados: Deva Pallás – 4ª Sub12 Laia Gesto – 6ª Sub12 Ariadna Ubeira – 8ª Sub12 Jana Rodríguez – 4 ª Sub10 Noraboa a todas, que continúe a aprendizaxe!

Read More

O Grupo de pandereteiras “A Volta do Demo” participou o domingo 24 de marzo no XII Memorial Nazario González “Moxenas”. Nazario foi unha figura que tivo unha vinculación moi forte coa nosa parroquia, creando «As Cereixas de Beade», unha peza adicada ao Centro Cultural de Beade e a Ricardo Santos que contou coa transcripción de Xaime Estévez a petición do autor. Moxenas púxolle tempo despois unha letra á segunda e á terceira parte dedicada ás mozas de Beade. A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade quere agradecer ao C.V.C. de Valladares o convite ao acto.

Read More

O Atlántico Diario ven de publicar unha reportaxe en relación á floración das cerdeiras que se está a producir en Beade. Este efecto propio da estación primaveral fai que os cidadáns de Vigo e os seus visitantes observen unha ladeira cuberta por un manto branco que lembra lugares tan simbólicos coma o Xapón, país do sol nacente onde se festexa o “Hanami”. Por outra banda, no artigo tamén se fai referencia á “Feira – Festa da Cereixa”, que este ano cumprirá a súa XXXVII edición. Os alumnos do C.E.I.P. Coutada Beade, C.E.I.P. Otero Pedrayo e I.E.S. Beade ultiman nestes intres…

Read More

O sábado 23 de marzo tivo lugar o concerto da Masa Coral do CSCR de Beade na Igrexa Parroquial de Santa Eulalia de Alcabre. Este acto formou parte da programación do “Festival de Música Sacra”.

Read More

O sábado 23 de marzo tivo lugar no auditorio do C.S.C.R. de Beade o “Concerto da cerdeira en flor”, un evento enmarcado dentro do programa “Vigo, un mar de bandas” que contou coa presenza da Banda Xuvenil de Beade e a Banda Escola de Música de Beade.

Read More