Autor: avbeade

A Sala de exposicións do C.S.C.R. de Beade acolle “Acuarelas de Abalde”, de Antonio Abalde. A través dun trazo realista e minucioso, Abalde plasma pequenos recunchos que transmiten un profundo amor e respecto pola xeografía e etnografía de Galicia. Coma se dun álbum fotográfico se tratase, captura cos seus pinceis paisaxes mariñas, de montaña, regatos, cultura, tradicións e escenas costumistas que buscan transmitir valores de identidade galega que converten cada unha das súas pinturas nunha homenaxe á súa terra natal. Infinidade de matices verdes e azuis caracterizan a obra de Abalde onde destaca a variedade cromática para recrear todos eses…

Read More

Dentro da programación especial que terá lugar durante o mes de marzo con motivo do 8M, a A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade recibirá a visita da Asociación Española Contra o Cancro para realizar a charla que leva por título “Cancro na muller: tumores máis frecuentes”, sendo impartida polo doutor Alberto Garrido. Datos de interese: 07/03/2024 19:00h Entrada libre Inscrición previa en: info@av-beade.org 650441875 986210967 / 986210958 NOTA: Para ter un control de aforo se solicita a todas aquelas persoas interesadas en acudir á charla que se inscriban previamente a través dos medios indicados anteriormente.

Read More

O grupo musical “ARRORRÓ”, formación composta polos oito alumnos da clase de Conxunto Instrumental 5 da ETRAD, será quen abra a programación do mes de marzo con «ARRORRÓ en concerto», un evento que terá lugar o mércores 6 ás 20:00h no Auditorio do Centro Cultural de Beade. Coñecendo a formación: Dende o principio, Arrorró comeza a arranxar pezas populares e propias que cada integrante vai aportando, dándolles o seu toque personal e orixinal. A troula e a complicidade entre eles son evidentes, pero máis aló diso, o que realmente une a Arrorró é o seu vínculo emocional. O grupo non…

Read More

Coa inminente chegada da primaveira, a A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade retoma a actividade cultural da “Cereixa en flor” nun mes de marzo que terá como gran protagonista á muller. O grupo musical “ARRORRÓ”, formación composta polos oito alumnos da clase de Conxunto Instrumental 5 da ETRAD, será quen abra a programación cun concerto que terá lugar o mércores 6 de marzo ás 20:00h no Auditorio do Centro Cultural de Beade. Ao día seguinte, isto é, xoves 7 de marzo, se recibirá a visita da Asociación Española Contra o Cancro para realizar a charla que leva por título “Cancro na…

Read More

“SERMAS BEADE”, a comparsa de entroido pertencente a A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, participou o sábado 17 de febreiro no desfile de comparsas de Bembrive. Os nosos integrantes foron quen de levar á parroquia veciña a troula tan característica destas datas. Derradeiras paradas: venres 23 de febreiro en Tomiño e sábado 24 en Gondomar!

Read More

“SERMAS BEADE”, nome que leva a nosa comparsa de entroido, participou o sábado 10 de febreiro no desfile de comparsas de Vigo. Con máis de 100 compoñentes, os veciños e veciñas da parroquia foron quen de representar polas rúas da nosa cidade un tema de rigurosa actualidade. Galería fotográfica: nas redes sociais de Facebook, Instagram e X hai dispoñible unha selección cos mellores momentos vividos alí. Próxima parada: sábado 17 de febreiro en Bembrive!

Read More

A A.V.C.U. -C.S.C.R. de Beade abre prazo de inscrición para unha nova excursión que terá como destino terras lusas. DÍA 1: Saída con destino a Oporto, a segunda cidade máis grande de Portugal situada na beira norte da desembocadura do Río Douro. Tralo almorzo, se continuará cara a Estación de São Bento e, seguidamente, o visitante poderá admirar, entre outros, a Torre dos Clérigos ou Palácio da Bolsa. Finalmente terá lugar a chegada ao hotel e a cea. DÍA 2: Tras almorzar no hotel, se embarcará en Regua para realizar o Cruceiro Paso de Regua – Oporto, onde de disfrutará…

Read More

Os nosos atletas tiveron unha fin de semana intensa de competición na que se desprazaron ata a pista cuberta de Expourense para participar nos autonómicos Sub16 e Sub18. *CTO GALEGO SUB16 – 10/02/2024* Xoel Franco: 2:40,19 en 1000ml (Campión Galego e MMP) Zahira Belén: 9,05 en 60ml (5ª na súa serie con MMP) Sabela Vázquez: 9,92m en Peso (4ª clasificada) Pablo Mera: 4,61m en lonxitude (7º con MMP) Daniel Currás: 3:19,34 (3º na súa serie) *CTO GALEGO SUB18 – 11/02/2024* Daniel Ameneiro: 4:26,91 en 1500ml (2º na súa serie con MMP) Alejandro Mera: 1,57 en altura (7º con…

Read More