Subscribe to Updates
Get the latest creative news from FooBar about art, design and business.
Autor: avbeade
Durante a madrugada do mércores 20 de marzo entrou a primavera, estación caracterizada pola cor que se produce na paisaxe durante o proceso de floración. É por elo que dende a A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade vos queremos convidar a compartir a través das redes sociais as vosas cerdeiras en flor e así amosar á cidadanía o “sakura vigués” polo que é coñecida a nosa parroquia.
O Grupo de pandereteiras “A Volta do Demo” participará o domingo 24 de marzo no XII Memorial Nazario González “Moxenas”. O acto dará comezo ás 19:30H. no auditorio do CVC de Valladares.
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade recibe o sábado 23 de marzo a visita da Banda Xuvenil de Beade e a Banda Escola de Música de Beade para poñer a banda sonora da floración estacional co “Concerto da cerdeira en flor”. O acto, enmarcado dentro do programa “Vigo, un mar de bandas”, dará comezo ás 20:00h. no Auditorio do C.S.C.R. de Beade.
Os nosos atletas participaron este domingo 17 de marzo no Cros Escolar Colexio Monterrey, acadando uns magníficos resultados entre os que destacan: Daniel Ameneiro – 1º Xuvenil Masc Xoel Franco – 1º Cadete Masc Lucas Costas – 1º Infantil Masc Lena Riera – 1ª Alevín Fem Ángel Rodríguez – 1º Alevín Masc Cíes Rial – 1ª Benxamín Fem Tomás Riera – 1º Benxamín Masc Darío Vázquez – 2º Xuvenil Masc Irene Burgos – 2ª Infantil Fem Nicolás Vázquez – 2º Infantil Masc Deva Pallás – 2ª Alevín Fem María Costas – 2ª Benxamín Fem Nuno Carreira – 2º Benxamín Masc…
O pasado sábado 16 de marzo tivo lugar a entrega de Trofeos dos XLV Xogos Intersociais e o Torneo Relámpago. A edición, organizada pola SCDR Helios de Bembrive, contou coa participación da AVCU – CSCR de Beade, UVCD Candeán, Sociedad Cultural Recreativa y Deportiva Nautilius, CRAC de Coruxo, SCDA de Matamá, CRC O Torreiro de Priegue, AVCR San Mamede de Zamáns e SCDR Helios Bembrive. Queremos agradecer á SCDR Helios de Bembrive o gran traballo desempeñado como organizador e aos participantes que representaron a nosa asociación. Vémonos na vindeira edición!
Os nosos atletas tiveron unha fin de semana intensa de competición por diferentes puntos de Galicia. Achegamos os resultados dos XVII Campionatos Xunta de Galicia Sub10 e Sub12 en PC, disputados o domingo 10 de marzo no Palacio de Deportes de Riazor A Coruña: [SUB12] *Ángel Rodríguez:* 3:07,72 en 1000ml (Campión Galego) [SUB12] *Candela Alonso:* 1.31m en altura (Campioa Galega e M.M.P.) [SUB10] *Cíes Rial:* 3.25m en lonxitude (Subcampioa Galega e M.M.P.) [SUB10] *Cíes Rial:* 4:02,63 en 1000ml (Subcampioa Galega) [SUB12] *Lena Riera:* 1:34,63 en 500ml (Bronce e M.M.P.) [SUB12] *Candela Alonso:* 3,90 en lonxitude (4ª clasificada con M.M.P.) [SUB12] *Fernanda Mateo:*…
Os nosos atletas tiveron unha fin de semana intensa de competición por diferentes puntos de Galicia. Achegamos os resultados do XVII Campionato Xunta de Galicia Sub14 en PC, disputado o sábado 9 de marzo en Expourense: *Rubén Vázquez:* 1.52m en altura (Bronce e M.M.P.) *Rubén Vázquez:* 1:22,25 en 500ml (Bronce e M.M.P.) *Josep Bastos:* 7:10,21 en 2000ml (Bronce) *Lucas Costas:* 9.84 en Peso e 3:06,01 en 1000ml(4º e 6º clasificado con M.M.P. en ambas probas) *Icía Ameneiro:* 7:33,41 en 2000ml (7ª clasificada) *Martín González:* 11.83 en 60mv (7º clasificado mellorando a súa M.M.P. nas semis e final) *Irene Burgos:* 7:41,86 en 2000ml…
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade conmemora este sábado 9 de marzo o “Día Internacional da Muller” cunha gala a favor da Asociación Española Contra o Cancro. Este evento solidario contará coas actuacións do Grupo de baile moderno do C.S.C.R. de Beade, Pasión Flamenca e Fausto Tenor. Tras o acto, que dará comezo ás 18:00h no auditorio do C.S.C.R. de Beade, se convidará a todas as mulleres a unha chocolatada.
Xoel Franco, atleta do C.S.C.R. de Beade, ven de acadar a 3ª posición na final dos 1.000 m. do Campionato de España Sub-16 en Pista Cuberta celebrada o domingo 3 de marzo no Palau Velódromo Lluis Puig de Valencia. Noraboa e boa viaxe de volta!
Xoel Franco, atleta do C.S.C.R. de Beade, disputará este domingo 3 de marzo en Valencia a final dos 1.000 m. do Campionato de España Sub-16 en Pista Cuberta tras quedar 2º clasificado da súa serie na semifinal disputada durante a mañá do sábado 2 de marzo. Moita sorte!
